empeña

empeña
  1. s f

    Parte superior do pé correspondente ao metatarso.

    Ex: O neno ten moita empeña e non lle vale calquera zapato.

  2. s f

    Parte do calzado que cobre a parte superior do pé e que vai cosida, cravada ou pegada á sola.

    Ex: A empeña fíxome unha ferida no pé.

    Confrontacións: lingüeta.
  3. s f pl

    Material de coiro que se utiliza para facer calzado.

Palabras veciñas

empelgar | empelourada | empelourar | empeña | empenamento | empenar | empeñar