emperador -triz
(< lat imperātōre/imperātrīce)
-
s
[HIST/POLÍT]
-
Soberano dun Estado con aspiracións universais e lexitimado polo sistema político e relixioso. Na República romana o título de imperator tiña un carácter honorífico e outorgábase aos xenerais vitoriosos, que despois recibían a ratificación do Senado. Posteriormente, só o outorgou o Senado e dende Vespasiano (69-79) formou parte da titulación imperial. O establecemento do cristianismo permitiu que dende o s III se establecese un vínculo entre ambos e a figura do emperador pasou a definirse pola súa universalidade e exclusividade. Trala división do Imperio Romano (395), o título duplicouse e, mentres no Imperio de Oriente perdurou ata a toma de Constantinopla polos turcos (1453), en Occidente desapareceu no ano 476. Reapareceu con Carlomagno (800) e malia que a liña francesa dos carolinxios rexeitou o título imperial, Otón I recuperouno na súa forma alemana (kaiser) e estableceu o Sacro Imperio Romano-Xermánico, coñecido tamén como Reich (962). A alianza político-relixiosa entre os emperadores e a Igrexa permitiu a vinculación coas ideas de universalidade e lexitimidade, reafirmou o seu carácter sacro no s X ao permitírselles aos emperadores afirmar a súa superioridade sobre os reis e os dereitos a nomear bispos e a controlar a elección dos papas. Despois da Reforma gregoriana, o título perdeu o seu carácter relixioso e dende o s XV só conservou o significado do soberano elixido polos príncipes electores. Entre os diversos monarcas dos reinos da Península Ibérica que pretenderon o nomeamento de emperadores destacou Afonso VII de Castela. Algúns soberanos búlgaros (ss IX-X e XII-XIII) erixíronse tamén como emperadores, e os soberanos de Rusia adoptaron o nome de tsar dende Iván IV (1545) e, dende Pedro I (1721), tiveron a denominación explicitamente imperial. Na Idade Moderna, dinastías como os Habsburgo conservaron o título polo prestixio. No s XIX apareceron novos emperadores como Napoleón I Bonaparte, a Raíña Vic22toria I de Inglaterra, que asumiu o título de emperatriz da India, e o kaiser Guillerme I, á fronte do Segundo Reich (1871). No s XX deuse unha paulatina desaparición dos imperios no mundo, en 1911 desapareceu o Imperio chinés e, trala Primeira Guerra Mundial, os imperios continentais europeos, o Segundo Reich, o Imperio austrohúngaro e o Imperio ruso. Despois da Segunda Guerra Mundial, os monarcas do Reino Unido perderon o título de emperadores da India e desapareceu o de rei-emperador de Italia. Trala caída dos emperadores de Etiopia (1974) e do sha de Persia (1979), só continúa no poder o Emperador Akihito de Xapón dende 1989.
-
Cónxuxe do emperador ou da emperatriz.
-
-
s
m
Peixe mariño, de ata 2 m de lonxitude e 100 kg de peso, co corpo ovado e comprimido, boca pequena, ollos en posición moi atrasada, aletas pélvicas moi rudimentarias e pel rugosa. O dorso é de cor azul, os flancos e o ventre prateados con reflexos rosados, a parte superior da cabeza e das aletas pectorais e aletas anal e caudal son de cor rosada e a aleta dorsal, rosada por diante e negra por detrás. É unha especie epipeláxica que está presente, ata os 300 m de profundidade, no Mar Mediterráneo e no Océano Atlántico dende Madeira ata Noruega. De hábitos solitarios, captúrase mediante palangre.