Empicoris
Empicoris
[ANIMAL]
Xénero de percebellas, da familia dos redúvidos, caracterizado por presentar o primero par de patas raptoras e modificadas, do mesmo xeito ca os mántidos, para a captura doutros animais. Os outros dous pares de patas son extremadamente longas, cun deseño en bandas brancas e negras. O corpo é alongado e a cabeza porta un gran peteiro que introduce nas presas unha vez capturadas. En Europa están presentes as especies E. baerensprungi, E. culiciformis e E. vagabundus.