empresario -ria
(
-
s
[ECON]
Persoa que dirixe ou é dono dunha empresa. Coa aparición da empresa capitalista, ocupou o lugar do axente visible da actividade económica e coincidiu xeralmente co propietario de bens de capital. Correspóndelle a función de xestor, que supón a elección de obxectivos, os medios para acadalos e os dispositivos de control, para o que debe adaptar a empresa ás posibles limitacións sociais (condicións laborais, aforro), comerciais (situación do mercado), financeiras (dispoñibilidade e custo dos recursos) e administrativas (fiscalidade). O empresario ten poder de decisión e é responsable particular ao facerse cargo dos riscos da súa decisión. Nas economías modernas as funcións do empresario exérceas un equipo directivo ou consello de administración e a intuición substituíuse polo proceso científico da xestión e pola análise da situación dos mercados.
-
s
[DER]
-
Persoa física ou xurídica que por concesión ou por contrato executa unha obra ou explota un servizo público.
-
Persoa física ou xurídica que por conta propia ou allea explota unha empresa na cal, baixo a súa organización e dependencia, se traballa a cambio dunha remuneración.
-
-
s
[ESPECT]
Persoa que explota unha sala ou unha compañía de espectáculos.