Ems, telegrama de
Ems, telegrama de
Telegrama que provocou o incidente diplomático que desencadeou a guerra entre Francia e Prusia (1870). O incidente orixinouse cando Bismarck mandou publicar na Gaceta de Colonia o texto adulterado do telegrama oficial sobre a visita dun delegado de Napoleón III á cidade de Bad Ems para solicitarlle a Guillerme I de Prusia a renuncia do príncipe Leopoldo de Hohenzollern como candidato ao trono de España, que estaba vacante dende o ano 1868. Francia aproveitou a ocasión para declarar a guerra, feito que perseguía Bismarck.