En Defensa de la Vida
En Defensa de la Vida
[PUBLIC]
Boletín aparecido en Santiago de Compostela a partir de novembro de 1987. Levou por subtítulo “Asociaciones gallegas en defensa de la vida”. De tendencia conservadora, incluíu artigos de crítica ao aborto e á eutanasia, ademais de información sobre coloquios ou actividades relacionadas coas devanditas asociacións.