encabezamento
(
-
s
m
Conxunto de palabras, moitas veces de carácter formulístico, con que se comezan as cartas, os testamentos, as vendas, os libros ou calquera outro tipo de escrito.
Ex: Nunca lles poño encabezamento ás cartas.
Sinónimos: cabeceira, cabeza. -
s
m
[BIBLIOT]
Elemento que se destaca na cabeceira dunha ficha ou rexistro bibliográfico, que permite ordenalo dentro dun ficheiro ou dun catálogo e facilitar a súa recuperación.
-
s
m
[HIST/ECON]
Sistema utilizado pola facenda pública para a recadación de impostos e contribucións. Consistía en outorgarlles aos concellos ou aos gremios a facultade de recadar por si mesmos os impostos e contribucións correspondentes ao distrito ou ao gremio mediante o pagamento dun cupo fixo sinalado polo órgano fiscal. Introducido pola dinastía dos Austrias, xeneralizouse na Coroa de Castela a mediados da década de 1530 e uns anos máis tarde en Galicia. Con este sistema, a monarquía aseguraba a recepción dunhas rendas fixas anuais. Aplicábase ás principais cargas fiscais rexias da época, alcabalas e servicios, e a finais do s XVI ao novo imposto dos millóns. O campesiñado foi o principal afectado pois, aínda que a presión fiscal non aumentou en exceso, as crises agrarias incidiron sobre a súa debilitada economía e creáronlle graves dificultades para soportar esta fiscalidade; ademais, o feito de que a fidalguía estivese frecuentemente exenta destas cargas, fixo que a súa cota tivese que ser sufragada polo resto dos veciños, o que elevou a parte proporcional de cada un. En liñas xerais, o sistema beneficiou a Galicia con respecto ao conxunto de territorios integrantes da Coroa de Castela. Ao gravar estes impostos o comercio e o consumo fundamentalmente urbano, resultou que o primeiro encabezamento galego reduciu notablemente a cantidade que se tiña que pagar por alcabalas con respecto a comezos do s XVI e, aínda que durante a primeira metade do XVII a carga fiscal se multiplicou por catro, o Reino de Galicia foi un dos territorios menos gravados da coroa castelá debido ao seu alto nivel de autoconsumo e ao seu escaso urbanismo.