encadramento

encadramento

(< encadrar)

  1. s m

    Acción e efecto de encadrar.

  2. s m [IMAX]

    Fragmento da composición inicial que se escolle para facer unha nova imaxe, na que se prescinde dos detalles de pouco interese.

  3. s m [ARTE]

    Delimitación do espazo artístico no que se sitúa o tema dunha pintura, dun gravado ou doutra obra de arte.

Formas incorrectas

encadre

Palabras veciñas

encadernador -ra | encadernar | encadrado -da | encadramento | encadrar | encadrilado -da | encaiar