encapsulación
(< encapsular)
-
s
f
Acción ou efecto de encapsular.
-
s
f
[FÍS]
Operación que consiste en revestir os circuítos integrados e as súas conexións externas para os protexer do exterior e previr que a temperatura interna do circuíto non alcance niveis que o farían inoperante. Hai tres tipos básicos de encapsulación: a metálica, a cerámica e a plástica. A primeira presenta unha mellor transferencia da calor, pero é máis cara. Para as aplicacións comerciais é corrente empregar a de plástico do tipo dual inline.
-
s
f
[IND]
Operación que consiste en poñer un medicamento dentro dunha cápsula dixerible para facilitar a súa administración.
-
s
f
[PAT]
Proceso de formación dunha cápsula constituída por unha substancia non normal no lugar en que se constituíu.
-
s
f
[TECNOL]
Técnica para illar unha masa de residuos e que implica o completo revestimento ou illamento dunha partícula tóxica ou dun aglomerado de residuos mediante o emprego dunha substancia distinta, que pode ser un aditivo para solidificar e estabilizar. Emprégase para tratar residuos perigosos de xeito que non afecten ao ambiente. Nalgúns casos os produtos obtidos utilízanse como materiais de construción, cando o grao de estabilidade é alto e o risco para a saúde humana e o medio é baixo. Fálase de microencapsulación cando se trata de partículas individuais e de macroencapsulación cando é un aglomerado de partículas.