encarnado -da

encarnado -da

(< encarnar)

  1. p reg

    de encarnar ou encarnarse.

  2. adx

    Que é dunha cor semellante á do sangue ou da carne.

    Ex: O teu xersei encarnado gústame moito.

  3. s m

    Cor semellante á do sangue ou da carne.

    Ex: Pintou o coche de encarnado.

  4. s m [ESCULT]

    Técnica que consiste na aplicación, nunha escultura de madeira, dunha capa de xeso sobre a que se aplica directamente unha cor semellante á da carne humana.

Frases feitas

  • Poñer(se)/Virar(se) encarnado. Adquirir a cara dunha persoa, fundamentalmente as súas fazulas, a cor encarnada debido á vergoña.