Encartaciones, Las
Encartaciones, Las
Comarca do territorio de Bizkaia, Euskadi, atravesada polo río Cadagua. Malia as dificultades que presenta o relevo, a agricultura (millo, patacas e viña) e a gandería (bovina) son as principais actividades económicas. O núcleo comarcal é Balmaseda, onde hai un importante polígono industrial (téxtil, vidro, construcións metálicas e química). Tamén son importantes os xacementos de ferro situados ao NL da comarca.