encefalina
encefalina
(
s
f
[BIOQ]
Pentapéptido opiáceo natural, que está fundamentalmente no cerebro dos vertebrados, con función de neurotransmisor cerebral e con propiedades analxésicas máis potentes ca as da morfina. As encefalinas tamén aparecen nas células da medula espiñal e nas células do epitelio intestinal. As máis importantes son a Met-encefalina e a Leu-encefalina. As encefalinas actúan sobre os mesmos receptores ca a morfina, pero a súa acción é de curta duración, relacionada co control da dor e doutras sensacións, e non crea adición.