Encélado

Encélado
[ASTRON]

Oitavo e máis brillante satélite de Saturno, descuberto por F. W. Herschel en 1789. Xira a unha distancia media do centro do planeta de 238.200 km, cunha velocidade de 12,6 km/s e cunha órbita case circular e sen inclinación. A súa magnitude aparente á oposición media de Saturno é de 11,6 e ten un diámetro duns 500 km e unha densidade de 1,2 g/cm3. A súa superficie reflicte o 99% da luz que recibe do Sol, polo que ten unha temperatura de -200°C.

Palabras veciñas

encefalomielite | encefalopatía | encefalose | Encélado | enceleirar | encepadura | encepar