enchufar

enchufar

(< chuf, onomatopea do ruídoque producen certas conexións)

  1. v t

    Conectar un aparato eléctrico á rede eléctrica mediante un enchufe.

    Ex: Enchufou a televisión para ver o seu programa favorito. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Non enchufes ata que eu cho diga.

  2. v t
    1. Xuntar as bocas de dous tubos ou canos.

      Sinónimos: conectar.
    2. Introducir algunha cousa no oco que presenta outra disposto para que a primeira se poida adaptar a el.

      Ex: Enchufou a mangueira e despois abriu a billa.

      Sinónimos: conectar.
  3. v t

    Facer que alguén consiga un emprego ou unha situación vantaxosa utilizando influencias ou recomendacións e non por méritos propios.

    Ex: Enchufouno o seu tío nunha empresa dun amigo seu.

    Sinónimos: acuñar. Confrontacións: recomendar.
  4. v pron

    Conseguir alguén un traballo ou unha situación vantaxosa empregando o favor de alguén.

    Ex: Conseguiu enchufarse no corpo directivo da empresa.

Palabras veciñas

enchoupar | enchourizar | Enchousas, As | enchufar | enchufe | enchufismo | encicar
Conxugar
VERBO enchufar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
enchufo
enchufas
enchufa
enchufamos
enchufades
enchufan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
enchufaba
enchufabas
enchufaba
enchufabamos
enchufabades
enchufaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
enchufei
enchufaches
enchufou
enchufamos
enchufastes
enchufaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
enchufara
enchufaras
enchufara
enchufaramos
enchufarades
enchufaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
enchufarei
enchufarás
enchufará
enchufaremos
enchufaredes
enchufarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
enchufaría
enchufarías
enchufaría
enchufariamos
enchufariades
enchufarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
enchufe
enchufes
enchufe
enchufemos
enchufedes
enchufen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
enchufase
enchufases
enchufase
enchufasemos
enchufasedes
enchufasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
enchufar
enchufares
enchufar
enchufarmos
enchufardes
enchufaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
enchufa
-
-
enchufade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
enchufar
enchufares
enchufar
enchufarmos
enchufardes
enchufaren
Xerundio enchufando
Participio enchufado
enchufada
enchufados
enchufadas