Encke, cometa de
Encke, cometa de
[ASTRON]
Cometa descuberto por P. F. A. Méchain o 17 de xaneiro de 1786. As observacións feitas por J. L. Pons en Marsella no ano 1812 permitiron que J. F. Encke calculase a súa órbita. A excentricidade da órbita é de 0,8471, e a inclinación, respecto á eclíptica, de 12° 36’. O seu período de revolución é de 3,30 anos, feito que o converte no planeta observado máis veces, ademais non é constante, senón que diminúe unhas 2,7 horas cada revolución orbital.