encriptar

encriptar

(< ingl to encrypt)

  1. v t

    Facer voluntariamente algo inintelixible, como pode ser un código ou unha mensaxe.

  2. v t [INFORM]

    Aplicar un proceso informático a un documento de tal xeito que non se poida acceder ao seu contido se non se posúe a clave necesaria para aplicar o proceso inverso. Así, no caso dun texto, se se encripta e logo se intenta abrir sen a clave, obterase unicamente unha serie de caracteres sen sentido. Esta operación é imprescindible na Internet, especialmente no comercio electrónico, para evitar que os datos dunha persoa ou organización poidan ser utilizados por outra sen o seu consentimento.

Palabras veciñas

encricar | encrinado -da | encriptación | encriptar | encristado -da | encristar | Encrobas, As