endocitose
endocitose
(< endo- + grκύτος ‘cavidade’+ -ose)
s
f
[BIOL]
Proceso de transporte polo que algúns materiais penetran no interior da célula sen atravesar a membrana. A membrana forma unhas dobras que engloban o material fóra da célula, formándose unha vesícula, que contén o material e que sofre unha invaxinación. A vesícula dentro da célula pode abrirse e liberar o seu contido no citoplasma, ou pode quedar en forma de vesícula para a súa posterior utilización. Tanto a fagocitose como a pinocitose son formas de endocitose.