endogamia
(< endo- + -gamia)
-
s
f
[ETN]
Norma que establece unha obriga ou preferencia segundo a cal os individuos só se emparellan dentro dun grupo específico, que pode estar limitado polo parentesco, polo grupo social ou por calquera outra categoría definida (clase social, localidade ou relixión). Localízase nas sociedades cunha marcada estratificación social e practicouse sobre todo entre os grupos dominantes (sobre todo na aristocracia), co obxectivo de manter os seus privilexios. Tamén aparece nas minorías étnicas cun forte sentimento de identidade sociocultural.
Antónimos: exogamia. -
s
f
[XEN]
Fusión de gametos que proveñen dun tronco común, de individuos emparentados ou dun mesmo individuo.
-
s
f
[BIOL]
Cruzamento entre individuos emparentados. Ten como consecuencia o aumento da frecuencia de homocigotos recesivos dentro da poboación e, nas máis das especies, unha redución do crecemento e da fertilidade, e, en xeral, unha perda de viabilidade da poboación.
-
s
f
Comportamento social que consiste en rexeitar a incorporación a unha institución, ou outro colectivo, de membros que non pertencen a ela.
Ex: A endogamia universitaria é un tema moi controvertido.