endomicorriza

endomicorriza

(< endo- + micorriza)

s f [MICOL]

Tipo de micorriza na que as hifas do fungo, da orde das glomais, penetran ata as células da codia da raíz a través de haustorios de forma ramificada ou de vesículas que non causan cambios na forma da raíz nin danan o tecido vascular das plantas. Os fungos que dan lugar ás endomicorrizas non son específicos de ningunha planta, polo que se asocian de xeito máis ou menos indistinto. Ademais das anxiospermas e ximnospermas, presentan endomicorrizas fentos e brións. O fungo recibe azucres da planta hospedeira e esta obtén unha mellora na absorción de fosfatos e nutrintes como nitróxeno, cobre e cinc. Máis do 97% das fanerógamas presentan endomicorrizas.

Palabras veciñas

endometriose | endometrite | endomicetal | endomicorriza | endomingar | endomíquido -da | endomitose