endomorfismo

endomorfismo

(

  1. s m [XEOL]

    Fenómeno mediante o que as rochas ígneas son interpenetradas polos sedimentos que as envolven, por medio dun metamorfismo de contacto, de xeito que chegan a modificar a composición desas rochas ígneas.

    Sinónimos: endometamorfismo.
  2. s m [MAT]

    Aplicación dunha estrutura alxébrica E en si mesma, conservándoa. Pódese demostrar que o conxunto de endomorfismos sobre unha mesma estrutura posúe estrutura de espazo vectorial se se define a suma e o produto de endomorfismos. Unha vez definida unha función determinante non dexenerada en E, chámase determinante dun endomorfismo ao determinante da matriz que o representa referido a calquera base.

    Sinónimos: endometamorfismo.

Palabras veciñas

endomingar | endomíquido -da | endomitose | endomorfismo | endomorfo -fa | endonártex | endonártice