endoparasito -ta
endoparasito -ta
(
adx e s
m
[ECOL]
Aplícase ao parasito que vive no interior do seu hospedeiro. Recibe o nome de endófito se o hospedeiro é un vexetal, e de endozoo se é un animal. Habita nas cavidades internas do corpo que están en comunicación co exterior, como o tubo dixestivo, a vexiga ou o sistema respiratorio, ou ben na cavidade xeral. Tamén se denomina parasito endófago.