enfants du paradis, Les

enfants du paradis, Les
Nome científico: [Os nenos do paraíso]
[IMAX]

Produción cinematográfica francesa realizada en 1943. Foi dirixida por Marcel Carné e interpretada, entre outros, por Arletty, Jean Louis Barrault, Pierre Brasseur e María Casares. É unha das películas máis representativas   do chamado realismo poético francés, no que hai unha reflexión sobre a sociedade francesa durante a ocupación alemana. O filme xoga simultaneamente con recursos realistas, poéticos e propios da representación teatral. En 1979, a Académie des Arts et Thecniques du Cinéma concedeulle o galardón como a mellor película francesa de todos os tempos.