énfase
énfase
(
-
s
f
[LING]
Esaxeración e posta de relevo que, con facilidade, conduce á grandilocuencia. Aplícase a todo aquel recurso que marca unha desproporción entre o referente, o pensamento, a situación ou o contexto, por unha parte, e a expresión, pola outra. Pode aparecer no nivel fonolóxico (entoación especial que recae sobre unha palabra da oración: Ti o acabas de dicir) ou tamén se pode expresar mediante construcións sintácticas específicas (Túa nai, ela si que che quere moito. Comeu ás bocas cheas).
-
s
f
Calquera intención particular que se pon en algo que se di e que se manifesta no ton ou no xesto ou se expresa mediante algunha das expresións enfáticas ou expletivas.
Ex: Fala con tanta énfase que parece que está a actuar.