enfermeiro -ra
enfermeiro -ra
(< enfermo)
s
Profesional da enfermería responsable de proporcionar, de forma individual e coordinada, os coidados e funcións propias da súa competencia ao individuo, á familia ou á comunidade. A partir dun Real Decreto de 1977 a súa formación encádrase dentro dunha diplomatura universitaria e en 1980, a partir doutro Real Decreto, homologouse o título dos antigos ATS (Axudante Técnico Sanitario) co de DUE (Diplomado Universitario en Enfermería).