Enfesta

Enfesta

Antigo concello da Terra de Santiago que integraba as parroquias da Barciela, Busto, O Carballal, Cesar, A Enfesta, Fecha, Grixoa, Marantes, Nemenzo, Sabugueira, Santa Cristina de Fecha e Verdía. Foi un dos concellos que se creou en 1836, trala definitiva instauración do municipalismo. O 29 de decembro de 1962 aprobouse a súa incorporación ao concello de Santiago de Compostela.

Palabras veciñas

enferruxamento | enferruxar | enfesta | Enfesta | Enfesta | Enfesta, A | enfesto -ta