enfloración

enfloración

(< enflorar)

s f [IND]

Método de extracción das esencias das flores baseado na propiedade que teñen as substancias graxas para absorber o perfume das flores. As flores separadas da planta esténdense sobre un vidro ou tea de algodón impregnados de graxa ou vaselina pura e despois son tapadas con outro vidro por enriba. As flores renóvanse diariamente. A graxa perfumada pode empregarse para a preparación de cosméticos, directamente ou ben separando previamente a esencia cun disolvente.

Palabras veciñas

enfitéutico -ca | enfiunchar | enflocado -da | enfloración | enflorar | enfocar | enfociñadura