enfoque

enfoque

(

  1. s m

    Acción e efecto de enfocar.

  2. s m

    Punto de vista dende o que se trata un asunto ou cuestión.

    Ex: O enfoque do teu comentario de texto non é o máis axeitado.

    1. s m [IMAX]

      Grao de nitidez e perfección que presentan as imaxes dunha fotografía. O enfoque depende do tipo de obxectivo, do diafragma utilizado e da distancia do obxectivo á placa sensible. Algúns programas informáticos e de edición fotográfica emulan os zoom das cámaras e retocan as imaxes despois de ser captadas. Con intención artística, o enfoque pódese distorsionar por lograr un determinado efecto.

    2. enfoque diferencial [IND/ARTE]

      Emprego da profundidade de campo mínima para enfocar un motivo e separalo dun primeiro plano ou do fondo desenfocado.

Palabras veciñas

enfociñar | enfogar | enfonchar | enfoque | enforcado -da | enforcadura | enforcamento