enlazado -da
enlazado -da
(< enlazar)
-
p reg
de enlazar.
-
adx
[HERÁLD]
Aplícase aos escudos unidos polos costados.
-
adx
[HERÁLD]
Aplícase aos fusos, losanxes ou mallas, entre outras pezas, cando as puntas dos seus flancos se tocan, pero só aquelas das que o seu número non chegue a formar un campo sementado.
-
adx
[HERÁLD]
Aplícase ás pezas enroscadas ou abrazadas doutras, como unha serpe a unha columna ou como a hedra a unha árbore ou a unha cruz.
-
adx
[HERÁLD]
Aplícase ás chaves, bastóns, mazas, espadas ou bandeiras colocadas en aspa detrás do escudo.