1 enrolamento

1 enrolamento

(< 1 enrolar)

  1. s m

    Acción e efecto de enrolar ou enrolarse.

  2. s m [TECNOL]

    Conxunto de condutores illados, enrolados ao redor dun núcleo magnético ou dispostos en rañuras, que constitúen o circuíto eléctrico de certos aparatos e especialmente das máquinas eléctricas. Adoitan estar divididos en bobinas conectadas convenientemente. Os condutores son normalmente de cobre electrolítico ou ben de aluminio, en forma cilíndrica ou barras trefiladas. O illamento pode ser de diversas especies, como algodón, seda, mica ou esmalte. Os enrolamentos poden ser indutores, se reciben corrente, ou inducidos se a subministran. Segundo a súa distribución espacial hai enrolamentos concentrados e distribuídos. Nas máquinas de corrente continua empregouse o enrolamento de anel, ideado por Pacinotti en 1861, que foi substituído polo enrolamento de tambor, que pode ser ondulado ou imbricado. Algunhas máquinas dispoñen ademais de enrolamentos de conmutación e de compensación. Nas máquinas de corrente alterna os enrolamentos adoitan ser trifásicos ou monofásicos, xeralmente distribuídos nas máquinas asíncronas e no estator das síncronas e concentrados no rotor destas. Nos motores de indución é habitual, no rotor, o enrolamento en gaiola de esquío. Os transformadores teñen dous (ou tres) enrolamentos, chamados primario e secundario (e terciario), que son, respectivamente, o indutor e o inducido.

  3. s m [IND]

    Conformación dun metal que consiste en enrolar o extremo dunha chapa plana para obter un ollo, un bordo ou un rizo.

Palabras veciñas

enrodelar | enrodrigar | enroladoiro | 1 enrolamento | 2 enrolamento | 1 enrolar | 2 enrolar