enstatita
enstatita
(< gr ἐνστάτες‘opoñente’)
s
f
[MINERAL]
Silicato de magnesio, de fórmula MgSiO3. Cristaliza no sistema rómbico e pertence ao grupo dos piroxenos. Os cristais ben formados son raros; normalmente se presenta en grans de forma irregular ou en masas exfoliables. Ten unha dureza de 6 e unha densidade de 3,2-3,9, e é de cor branca ou verde clara. Xunto coa hiperstena forma unha serie continua, da que estes dous minerais son os termos extremos. Preséntase nas rochas básicas, como os basaltos, as peridotitas e as andesitas, e nas ultrabásicas.