entaboamento

entaboamento

(

  1. s m

    Acción e efecto de entaboar.

  2. s m [ARQUIT]
    1. Conxunto de elementos arquitectónicos horizontais que coroan un edificio de estilo clásico. Os elementos que o forman, arquitrabe, friso e cornixa, varían, o mesmo que a súa proporción, segundo a orde arquitectónica empregada. No caso das ordes superpostas, os entaboamentos intermedios só están formados por arquitrabe e friso, e o superior ten os tres elementos cun tamaño proporcional ao edificio completo.

    2. Estrutura horizontal composta por molduras que serve de remate a columnas, pilastras, piares ou a un edificio.

    3. Remate dun edificio.

Palabras veciñas

ensulla | ensumir | enta | entaboamento | entaboar | entado -da | entaladura