Entamoeba

Entamoeba
[PROTISTA]

Xénero de amebas caracterizadas por presentar un núcleo vesicular, endosoma pequeno e estar ausentes as mitocondrias e o aparato de Golgi. As máis das especies son parasitas ou comensais do sistema dixestivo de artrópodos e vertebrados. A especie E. histolytica, descuberta en 1873, é a causante de disentería -unha das principais causas de morte parasítica no mundo- e está presente principalmente nos países tropicais e subtropicais. Afecta aos homes, aos primates, aos cans e aos porcos, e ten como principais vectores as moscas e as cascudas.

Palabras veciñas

entallar | entalpía | entambullar | Entamoeba | entangarañar | entanguecer | entapuzar