Entente Cordial
Entente Cordial
Expresión utilizada entre 1840 e 1843 para designar o comezo das boas relacións entre Victoria de Inglaterra e Luís Filipe de Francia. Volveuse empregar en 1904 para poñer fin ao enfrontamento de ambos os países polas cuestións coloniais. Ao integrarse Rusia no grupo pasou a chamarse Triple Entente.