entreperna

entreperna

(< entre- + perna)

  1. s f
    1. Parte do corpo constituída pola cara interna das coxas.

      Ex: Desenvurullou o meniño porque tiña a entreperna rozada.

    2. Parte dunha peza de vestir que se corresponde coa cara interna das coxas.

      Ex: Rompeulle a entreperna do pantalón.

  2. s f

    Mendo que se pon como reforzo nunha peza de vestir, na cara interna das coxas.

    Ex: Tivo que lle botar unhas entrepernas ó pantalón porque lle rompeu.

  3. s f

    Órganos xenitais, especialmente dos homes.

    Ex: Tombouno da patada que lle deu na entreperna.

Palabras veciñas

entrepano | entrepeito | Entrepeñas | entreperna | entrepernar | entreponte | entreporta