entroidada

entroidada

(< entroido)

  1. s f

    Festa ou farsa propia do Entroido.

    Ex: Convidáronnos a unha entroidada na parroquia veciña.

  2. s f

    Broma pesada e de mal gusto que se lle fai a alguén.

    Ex: A entroidada que lle meteron non lle gustou nada.

  3. s f

    Situación ou reunión seria que semella unha festa propia do Entroido polas cousas grotescas que nela se dan.

    Ex: A reunión converteuse nunha entroidada cando os asistentes comezaron a pelexar.