enurese
enurese
(< gr ἐνουρέιν ‘non conter a urina’)
s
f
[FISIOL/PAT]
Mición involuntaria, que adoita ser nocturna, en ausencia de lesións orgánicas que xustifiquen tal descontrol. A causa principal é a menor capacidade funcional da vexiga. É normal na infancia, pero adoita desaparecer espontaneamente; a súa persistencia está relacionada con alteracións da personalidade ou neurolóxicas.