envase

envase

(< envasar)

  1. s m

    Acción de envasar.

  2. s m

    Recipiente no que se pon un produto para transportalo ou conservalo. O baixo prezo dos materiais plásticos desprazou da fabricación de envases outros materiais tradicionais, como o vidro ou a porcelana, xa que permite que non haxa que devolvelos. Os envases de material plástico, pola contra, teñen o inconveniente de que non se destrúen facilmente unha vez que foron empregados, o que acrecenta o problema que supón a eliminación de residuos. Polo que atinxe á industria alimentaria, son especialmente importantes os materiais empregados na fabricación de envases, e están autorizados metais e aliaxes (aluminio, aceiro inoxidable, ferro, estaño, e sobre todo, folla de lata), materiais silíceos (vidro e cerámica), compostos celulósicos (papel e cartón), madeira, cortiza, fibras naturais e compostos macrocelulares (plásticos, como polistireno, polipropileno, cloruro de polivinilo e outros, e elastómeros como o caucho). Cómpre ter en conta tamén os revestimentos e as coberturas (vernices, ceras, parafinas, esmaltes, plásticos, etc). Como o contacto destes materiais cos alimentos pode ser longo, é moi importante controlar a posible cesión de material do envase ao seu contido; por iso, antes de autorizar un material para ser empregado no envasado de alimentos, téñense que facer probas de cesión estandarizadas para estudar a súa resistencia ao ataque de certos líquidos.

Palabras veciñas

envasador -ra | envasadora | envasar | envase | envear | envelenamento | envelenar