enxame
enxame
(< lat examĭne)
-
s
m
-
[ECOL]
Agrupación de individuos dunha mesma especie, especialmente referido ás colonias de insectos sociais.
-
Comunidade de abellas. Na tradición recóllense ditos como: “Ano de enxames, ano de fames. Enxame de maio vale un bo cabalo. Enxame pobre, no inverno nace e no maio morre”.
Sinónimos: colmea.
-
[ECOL]
-
s
m
Conxunto numeroso de persoas, animais ou cousas que están ou actúan xuntas.
Ex: Había un enxame de persoas á saída do concerto.
Confrontacións: multitude. -
s
m
[ASTRON]
Zona do espazo interplanetario na que están distribuídos os meteoroides de orixe común, responsables das chuvias de meteoros. As máis das veces os enxames describen traxectorias semellantes ás do seu cometa proxenitor.
-
enxame de terremotos
[XEOL]
Serie de tremores menores que ocorren nun determinado momento e lugar.
Formas incorrectas
enxamioRefráns
- Ano de enxames, ano de fames.
- As abellas da Madalena Deus as trae e Deus as leva.
- Enxame de maio vale un bo cabalo.
- Enxame pobre no inverno nace e no maio morreo
- Enxamio pobre, se do inverno sae, no maio morre.
- O enxame de abril, para min; o de maio, para o meu amo; e o de san Xoán, para o can.