enxebre

enxebre
  1. adx
    1. Que non ten ningunha mestura.

      Ex: Botoulle a lixivia enxebre e case queima a roupa.

    2. Que non ten aditivos nin condimentos.

      Ex: Comeron o peixe enxebre, feito nas brasas.

  2. adx

    Que é propio dunha rexión ou dun país determinado e non recibiu influencias foráneas.

    Ex: Nesa zona aínda quedan costumes moi enxebres.

Frases feitas

  • Estar enxebre. Estar en xaxún, sen comer nada.

Palabras veciñas

enxarciar | enxaugadura | enxaugar | enxebre | Enxebre | enxebreza | enxebrismo