enxerto
(< lat insertu)
-
s
m
[AGR]
-
Operación que consiste en xuntar dúas ou máis partes de plantas diferentes, de maneira que o conxunto se comporte como unha soa planta. O caso máis frecuente é a unión de dúas pugas, das que a parte superior é o portaenxerto, e a inferior é o pé ou patrón. Este procedemento emprégase para acadar o desenvolvemento rápido e vigoroso de plantas de reprodución por semente lenta e pouco segura, ou cando as condicións do solo non son adecuadas. Resulta exitoso sempre que as plantas enxertadas sexan variedades diferentes dunha mesma especie ou especies diferentes dun mesmo xénero. A época ideal para realizar o enxerto é cando as xemas das dúas plantas están en repouso. É fundamental que o cámbium da puga permaneza en contacto íntimo co do patrón, para o que hai que manter as dúas partes ben unidas; despois recóbrense as superficies enxertadas cunha cera especial que impide o resecamento. Pódense distinguir varios tipos de enxerto, como o enxerto de contacto, que consiste en sacar algúns centímetros de codia da planta a enxertar e do patrón e poñelos en contacto íntimo; o enxerto de canoto, no que se pon en contacto un anaco de codia da planta que se pretende enxertar sobre o talo do patrón; o enxerto de puga ou de cuña, que se realiza cunha puga provista dunha ou máis xemas e que se introduce entre a codia e a albura do patrón; e o enxerto de xema, que consiste na inserción sobre o patrón dunha xema vexetativa cunha pequena porción de codia.
-
Parte dunha planta, cunha ou máis xemas, que se insire sobre outra, chamada patrón.
Sinónimos: puga. -
Planta que resulta de enxertar dúas ou máis partes de plantas diferentes.
-
-
s
m
[MED]
-
Inserción dunha porción de tecido vivo nunha lesión, de xeito que se estableza unha unión orgánica. Denomínase autoplástico cando os tecidos que se pretenden enxertar se extraen do mesmo organismo, heteroplástico, cando proceden dun individuo doutra especie, e homeoplástico ou isoplástico cando proceden dun individuo da mesma especie.
-
Parte de tecido vivo que se enxerta.
-
Refráns
- O enxerto hai que facelo a tempo.
- Polo san Matías comezan as enxertías.