enxiva

enxiva

(< lat gingīva)

s f [ANAT]

Tecido fibroso recuberto pola membrana mucosa bucal que recobre os arcos dentais, se prolonga entre os dentes e se adhire fortemente a eles. As porcións de enxiva interdentais son fráxiles e reaccionan facilmente ás infeccións e aos traumatismos.

Palabras veciñas

enxesar | enxido | Enxido, pazo do | enxiva | enxoiar | enxoito -ta | enxordar