Eolo
Eolo
Señor dos Ventos, fillo de Posidón. Cando Ulises arribou á illa de Eolia, acolleuno con hospitalidade e, ao marchar, deulle un odre, onde gardaba todos os ventos adversos, agás un que debía impulsar as velas do barco ata levalo a Ítaca. Mentres Ulises dormía, os seus compañeiros, á procura de viño e ouro, abriron o odre e desencadearon unha tormenta que acabou por devolvelos a Eolia. Este feito fíxolle crer a Eolo que os deuses perseguían a Ulises e, xa que logo, negoulle a axuda que precisaba para proseguir a viaxe.