eosinofilia
eosinofilia
(< eosina + -filia)
s
f
[PAT]
Presencia no sangue dun exceso de leucocitos eosinófilos, cando é maior ao 5% ou cando o número absoluto de eosinófilos no sangue é superior a 600 por mm3. Unha eosinofilia moderada dáse nas enfermidades alérxicas, en enfermidades da pel, nas parasitoses intestinais, en enfermidades autoinmunes, entre outras. Na triquinose, na ascariase, na síndrome hipereosinofílica e na leucemia por eosinófilos prodúcense eosinofilias moi importantes.