epacta
epacta
(< lat epactae < gr ἐπακταί ‘engadidos,intercalados’)
s
f
[ASTRON/CRON]
Idade que ten a Lúa o día 1 de xaneiro. O coñecemento do valor da epacta permite calcular cando van ter lugar os plenilunios do ano. As epactas teñen lugar cada dezanove anos no calendario xuliano, de acordo co ciclo de Metón ou ciclo lunar. Coa reforma do calendario gregoriano, corrixiuse o seu valor porque non coincidía co real. No ano gregoriano a epacta pode tomar calquera valor entre 0 e 29.