epéndima
epéndima
(
s
f
[ANAT]
Membrana que recobre as cavidades do sistema nervioso central, tapizando a parede interna dos ventrículos cerebrais (epéndima ventricular) e a cavidade do conduto central da medula espiñal (epéndima espiñal). Está constituída por unha capa única de células cúbicas ou cilíndricas con micropilosidades e cilios que contribúen ao fluxo do líquido cefalorraquídeo. En conxunto forma a epéndima ventrículo-espiñal.