épico -ca
(
-
adx
-
Relativo á épica ou con trazos propios deste xénero literario.
Ex: O Cantar de Mio Cid é un poema épico.
-
Que é algo heroico e digno de ser asunto dunha epopea polo esforzo, dedicación e heroísmo que implica.
Ex: Malia faceren un esforzo épico no campo de xogo, non foron quen de remontar o partido.
-
-
adx e s
Autor cultivador de épica.
Ex: Os poetas épicos medievais adoitan ser anónimos.
-
teatro épico
[ESPECT/LIT]
Termo utilizado por Erwin Piscator e Bertolt Brecht para facer referencia a un tipo de espectáculo teatral e de estética escénica que pretendía mostrar unha dirección diferente á estética derivada da Poética de Aristóteles, baseada na identificación entre personaxe e espectador, na ilusión escénica que tentaba reproducir a vida e a realidade e nos efectos producidos pola catarse. Fronte a esa identificación, baseada na dimensión emocional, Brecht propón unha recepción máis racional e distanciada, unha mirada crítica, de xeito que o espectador poida analizar o que acontece na escena desde unha perspectiva dialéctica, e poida establecer relacións dinámicas co seu propio contexto histórico, sociocultural económico ou político. Para lograr ese obxectivo, Piscator e Brecht propuxeron diversos procedementos dramatúrxicos como a fragmentación da trama, a ruptura da continuidade na liña argumental ou a introdución de elementos narrativos, e recursos escénicos, como o uso da imaxe fílmica, letreiros, cantigas, caretas, etc. Crean toda unha teoría interpretativa na que non existe identificación nin encarnación do personaxe, senón que o propio actor se distancia del para mostralo, e propoñen unha teoría da escenificación que non oculta a maquinaria nin outros elementos escénicos, de xeito que en todo momento o espectador non perda a conciencia de que todo o que contempla é unha representación e non un fragmento da vida.