epiroxénese

epiroxénese

(< gr ἤπειρος ‘continente’ +xénese)

s f [XEOL]

Movemento tectónico de elevación e de afundimento de grandes extensións da codia terrestre que non produce ningún dobramento nin orixina novas estruturas nas rochas. Moitos autores coinciden ao afirmar que despois de cada período oroxénico se produce un movemento epiroxénico de elevación que pon ao descuberto os dobramentos que se iniciaron nos xeosinclinais.

Palabras veciñas

Epiro | Epiro, Despotado de | epirota | epiroxénese | epiroxénico -ca | episcenio | episcopado