epulón

epulón

(< lat epŭlōne)

  1. s m [HIST]

    Membro do colexio sacerdotal romano constituído polo tribuno Licinio Luculo (196 a C). Inicialmente contaba con tres membros, máis tarde incrementouse ata sete e con César estableceuse o seu número en dez. A súa principal obriga era a organización dos banquetes públicos como parte dos festivais, especialmente os de Xúpiter.

  2. s m

    Persoa que come en exceso e con gula.

Palabras veciñas

Epstein-Barr, virus de | Eptesicus | epúlide | epulón | equaeso -sa | Equateur | Equatoria