era
(
-
[CRON]
-
s
f
Sistema de cómputo cronolóxico en que se asigna a cada ano, século ou milenio unha determinada orde a partir dunha data definida por un feito significativo e do que toma a miúdo o nome.
-
era bizantina
Era que sitúa a creación do mundo no 5508 a C e que se calculou seguindo a versión grega da Biblia dos Setenta. No Imperio Bizantino usouse desde o s VII ata a caída de Constantinopla e en Rusia ata finais de 1699.
-
era cristiá
Era que conta os anos dende o nacemento de Cristo e que divide a historia en dous períodos, anterior e posterior a esta data. Os anos numéranse a partir do 1, que se considera o primero ano da era e no que naceu Cristo. Ata ese momento mantíñase o costume romano de contar os anos dende a fundación de Roma (ab urbe condita) ou dende a data de comezo do reinado dalgún emperador, como Diocleciano. No 525, o monxe Dionisio o Pequeno conseguiu establecer a data do nacemento de Cristo o 25 de decembro do 753 ab urbe condita. Malia os erros nos seus cálculos, entre 5 e 7 anos de menos, este sistema estendeuse por Italia e contou coa aprobación do Papa Bonifacio IV (607). Dende o s VIII xeneralizouse entre os eclesiásticos de Europa o costume de nomear os anos segundo a era cristiá e Beda o Venerable introduciu a idea dos anos anteriores a Cristo. Con Carlomagno difundiuse o seu emprego oficial por Europa. Na Península Ibérica comezou a empregarse no s VII, malia que o seu uso en documentos oficiais non foi xeral ata o s XIV.
-
era da fundación de Roma
Era que comezou no 753 a C segundo Varrón, coñecida tamén como ab urbe condita. Adoptárona a maioría dos historiadores romanos e trala caída de Roma no s V deixou de empregarse.
-
era de Diocleciano/dos mártires
Era calculada a partir da chegada ao trono de Diocleciano (284 d C) que se empregou desde o s IV ata finais do s VIII nalgunhas rexións de Europa. Nalgúns lugares de Oriente continuou utilizándose e consérvase entre os coptos de Exipto.
-
era hispánica/do César
Era que comezou no 38 a C. Parece que ten a súa orixe nun cómputo local antigo, que fixo coincidir este ano co da pacificación da Península Ibérica por Augusto. Os primeiros documentos que empregaron esta datación foron as estelas funerarias asturianas do s III, aínda que o seu uso non se xeneralizou ata o s V. A súa duración foi variable: en Catalunya substituíuse no 1180 polos anos dos reis de Francia; en Aragón mantívose ata 1350 concorrendo co ano da Encarnación; en València mantívose ata o 1358; en Castela e León ata 1383; e en Portugal ata o 1422. Penetrou, aínda que de xeito esporádico, ata Occitania, Provenza e o centro de Francia. Para converter unha data da era hispánica á cristiá hai que restar 38 anos.
-
era musulmana/da héxira
Era que comeza o 16 de xullo de 622, o día da fuxida de Mahoma de Medina.
-
era republicana/da Revolución Francesa
Era que comezou no ano 1792 coa Revolución Francesa e que foi abolida por Napoleón en 1805.
-
era xudía da creación
Era que fixa a data da creación do mundo no 3761 a C, segundo o cálculo feito sobre o texto hebreo masotérico da Biblia, empregada polos xudeus. Apareceu como consecuencia dunha reforma do antigo calendario hebreo polo rabino Hillel no 258 d C, pero non comezou a empregarse ata o s XI.
-
s
f
-
s
f
Período de tempo que se caracteriza por un feito ou suceso importante.
Ex: Ambientaron a película na era atómica.
-
s
f
[ESTRATIG]
Unidade xeocronolóxica de rango superior ao período e inferior ao eón, que se establece en función de ciclos oroxénicos e de cambios importantes na fauna e na flora. Despois do Arcaico, ou Precámbrico, a historia xeolóxica da Terra dividiuse en tres eras: Paleozoico ou Primaria (570 M a-230 M a), Mesozoico ou Secundaria (230 M a-65 M a), e Cenozoico (dende hai 65 M a, divídise en Terciaria, ata hai 2 M a, e Cuaternaria).