erbio
erbio
(< antropónimo Ytterby)
s
m
[QUÍM]
Metal da serie dos lantánidos, de cor gris escura, que actúa con estado de oxidación +3, o seu número atómico 68 e o peso atómico 167,26. En 1842, C. G. Mosander descubriuno nun mineral que se localizou en Ytterby, Suecia, chamado erbita. Outros minerais, como a gadolinita e a iterbita, tamén o conteñen. As súas propiedades magnéticas son moi particulares e as mecánicas, pouco coñecidas. Utilízase en diferentes industrias como a nuclear, a metalúrxica ou a industria de colorantes.